Beiras carga contra Yolanda Díaz polas críticas a En Marea
Acúsaa de traizón, aínda que recoñece "erros" na conformación da confluencia e cre que el como candidato sumaría "un plus".

Yolanda Díaz anunciou este martes que deixará a dirección de Esquerda Unida, e marcha con críticas cara á conformación de En Marea e os conflitos internos do partido instrumental, como o liderado de Luís Villares e a súa dobre portavocía.
Pois este mércores respondeu as críticas Xosé Manuel Beiras, que acusou a portavoz de Esquerda Unida de traizón. "Yolanda Díaz non ten lexitimación para dicir semellantes cousas, porque foi a primeira que á min me traoizoou", reprochou o histórico dirixente nacionalista.
Así, envioulle a mensaxe de que "o que ten que facer é revisar o seu comportamento no proceso de conformación de En Marea".
Con todo, recoñeceu tamén que o proceso de creación da confluencia está a ser traumático e apuntou erros coma "converter nun conflito se hai ou non incompatibilidade en ser o portavoz dun grupo parlamentario e ser o portavoz de En Marea como tal".
Como impulsor, reclama que no partido instrumental sigan o seu exemplo. "Eu tiven que reciclarme e reeducarme", apunta. E a Luís Villares pídelle que asuma o liderado da formación, dubidando se el mesmo podería conseguir mellores resultados electorais. "Podía ser distinto, podía ser mellor, ou tampouco. Supoñamos que eu achegaba un plus", remachou.
Yolanda Díaz anuncia que deixará a coordinación de Esquerda Unida en xuño
Escribe o teu comentario