A resaca europea cústalle ao Celta a derrota contra o Betis

(0-1). Os andaluces mandaron no encontro e non sufriron en exceso en ningún tramo do partido.


|

Celtabetis


O Betis levou de Balaídos os tres puntos, ante un Celta que deu descanso á maioría dos habituais tras unha semana onde saborearon o pase a semifinais da Europa League.


O partido comezou co dominio dos andaluces, mandando na posesión e no control sobre o terreo de xogo. O Betis gozou dun par de boas ocasións frustradas por un excelente Sergio Álvarez baixo paus. O Celta espertou antes do descanso e a punto estivo de adiantarse no marcador. Bongonda tivo un man a man inmellorable co porteiro bético que non logrou resolver con acerto para desequilibrar o encontro.


Xa na segunda parte, cando os vigueses parecían mellorar, chegou o tanto verdibranco. Brasanac cabeceou a gol un bo centro desde banda esquerda. Berizzo moveu o banco e tentou reverter o resultado dando entrada a Beauvue, Wass e Jonny.


O Celta tentouno ata o último minuto, rozou o tanto do empate, pero non conseguiu remontar unha mala primeira parte e tampouco xerou demasiados apuros aos andaluces. O vindeiro xoves ás 20:30 os célticos mediranse ao outro equipo sevillano, o Sevilla FC, con motivo da xornada 34 de Primeira División.


FICHA TÉCNICA


0-CELTA: Sergio, Lemos, Roncaglia, Sergi Gómez, Planas (Jonny, min.63), Marcelo Díaz, Radoja, Pape (Wass, min.71), Jozabed, Bongonda, Guidetti (Beauvue, min.59).


1-BETIS: Adán, Rafa Navarro, Mandi, Bruno, Tosca, Durmisi, Brasanac (Cejudo, min.88), Rubén Pardo (Petros, min.86), Ceballos, Joaquín (Rubén Castro, min.82).


Goles: Brasanac, min.54, 0-1.

relacionada O Celta xogará ante o Manchester United
relacionada O Celta chega ás primeiras semifinais europeas da súa historia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE