O Celta chega ás primeiras semifinais europeas da súa historia

(1-1). Os celestes fixeron valer o gol de vantaxe sacado en Balaídos para eliminar a un Genk que apertou desde o inicio.


|

CelebracionceltaOs celestes celebran a clasificación. // Fonte: RC Celta.


O Celta rompeu o seu teito histórico en competición europea ao eliminar o Genk e clasificarse ás semifinais da UEFA Europa League. Os de Berizzo acudían ao Luminus Area cun marcador a favor de 3 a 2 e pecharon a eliminatoria empatando a uns.


Os belgas presionaron desde o inicio, apertando ao Celta e conseguindo xerar algunhas situacións de perigo. Pero o abafo inicial contrarrestárono os vigueses cando conseguiron facerse co manexo da pelota.


Camiño do descanso, a lesión de Guidetti cambiou as previsións celestes, coa entrada de Beauvue, que revolucionou o partido.


Sisto foi o autor do gol céltico, no segundo tempo, unha poutada desde fóra da área belga que se coou ao fondo da rede. Pouco despois do gol celeste o Genk empatou por medio de Trossard. O Celta dominou na segunda parte ata o tanto local, que fixo aos vigueses repregarse e aguantar o resultado.


O marcador permaneceu igualado, co Celta sabendo encaixar o golpe e sen cometer erros para certificar unha histórica clasificación a semifinais do torneo continental. O club galego coñecerá este venres o seu próximo rival, ante o que seguirá competindo e soñando.


FICHA TÉCNICA


1 (3)-GENK: Ryan, Brabec (Dewaest, min.81), Colley, Trossard, Malinovskyi (Boëtius, min.72), Buffel (Schrijvers, min.72), Uronen, Pozuelo, Berge, Castagne, Samatta.


1 (4)-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja, Pablo Hdez., Wass (Jozabed, min.80), Iago Aspas, Sisto, Guidetti (Beauvue, min.42; Roncaglia, min.90).


Goles: Sisto, 0-1, min.63; Trossard, 1-1, min.67.

relacionada O Celta, a un paso de "escribir unha nova páxina" da súa historia
relacionada Sergio: "Temos que preparar o partido coma se perdéramos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE