Sergio: "Temos que preparar o partido coma se perdéramos"

O gardameta do Celta lembra que o Genk "cun gol pasaría a eliminatoria" e pon o foco en evitar descoidos en defensa.


|

Sergioalvarez


O Celta xógase este xoves o pase a semifinais da Europa Leagua ante o Genk, coa vantaxe do 3-2 sacado en Balaídos. Con todo, Sergio Álvarez sostén que "nesta eliminatoria segue sen haber un favorito, a pesar do resultado que temos na casa".


O gardameta celeste argumenta que "eles cun gol pasarían a eliminatoria", polo que insiste en que este partido "hai que preparalo igual que se empatásemos ou perdésemos, sabendo que temos que ser nós mesmos e que non nos podemos confiar".


Animicamente ve o equipo reforzado tras a vitoria da fin de semana e cre que "era importante volver gañar en Liga para seguir pelexando polo que queremos". Para a pelexa do xoves "o equipo está preparado para estes partidos e temos moitas ganas e ilusión", sentenza.


Sobre o rival, defíneo coma "un equipo que lle gusta atacar e teno que facer", así que o gardameta insiste en "tentar que non xeren moitas ocasións" e que "cando estean preto da área, hai que estar cada un coa súa marca para que non se repitan os erros do partido de ida".


Con esta base, Sergio agarda "que sexa un partido con moitos goles, pero ao noso favor".

relacionada O Celta, máis preto da semifinal europea tras o seu triunfo ante o Genk (3-2)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE