O Celta xogará ante o Manchester United
O primeiro partido disputarase en Balaídos, así que terán que ir a por todas no primeiro encontro antes da volta en Manchester.
Este mediodía celebrouse o sorteo das semifinais da UEFA Europa League e decretouse que o Celta de Vigo e o Manchester United xoguen entre si como membros dunha das eliminatorias. A outra semifinal xogarana o Ajax e o Olympique de Lyon.
O primeiro partido disputarase en Balaídos e a volta será en Old Trafford. O conxunto de Mourinho sufriu recentemente a lesión do sueco, Zlatan Ibrahimovic, e non se sabe se chegará a semifinais, o cal podería ser importante para o devir da eliminatoria. Os galegos terán que saír a por todas xa que o Manchester ten a vantaxe de campo ao xogar a volta na casa.
A outra semifinal xogarana o Ajax e o Olympique de Lyon, co primeiro partido en Holanda, polo que o Olympique ten o factor campo vantaxoso nesta eliminatoria. Ademais, quen salga vencedor destes dous equipos, será o equipo designado como local na final da Europa League.
Escribe o teu comentario