A rotura da tubaxe principal dun encoro provoca unha riada en Leiro

Arrastrou pedras e árbores ata unha pista que dá acceso á central eléctrica. Os efectivos de emerxencias descartan danos persoais.


|

PresaleiroPresa de Leiro. //Foto: Seprem


Unha rotura na tubaxe principal do encoro de Cabanelas, no termo municipal de Leiro (Ourense), provocou este sábado unha riada que arrastrou pedras e árbores ata a pista de acceso á central.


O 112 Galicia, tal e como indicou, recibiu a alerta do ocorrido a través dun particular ás 20,30 horas deste sábado. Segundo sinalou no seu relato, a rotura dunha tubaxe que baixa pola montaña ata a central eléctrica provocara que o nivel de auga chegase ata os 50 metros de altura.


Así mesmo, engadiu que podería haber alguén afectado pola zona. Por iso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil, a Urxencias Médicas, ao GES de Ribadavia, a Protección Civil do Carballiño e ao GES de Avión.


Unha vez no punto, os efectivos de emerxencias tiveron que retirar varias árbores para acceder ao interior da subestación. Descartaron que houbese persoas dentro e continuaron inspeccionando a zona na procura de posibles afectados.


Non houbo que lamentar danos persoais e, finalmente, a tubaxe quedou illada e balizada.

relacionada As presas ourensás de Portas e Cenza prepáranse para facer fronte a emerxencias
relacionada Medio Ambiente confía en que as choivas aumenten os encoros e ríos galegos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE