Aquae Talent Hub cita a emprendedores, 'makers' e innovadores sociais na USC

A cita é o 12 de maio, entre as 10 e as 14 horas, na Universidade de Santiago de Compostela, grazas a un convenio subscrito con Fundación Aquae e Viaqua


|

Aquaetalenthub



  • A cita é o 12 de Maio na Universidade de Santiago de Compostela (USC), grazas ao convenio subscrito con Fundación Aquae e Viaqua.
  • O evento é gratuíto e ofrecerá un taller participativo, un debate e unha master class con dous relatores de recoñecido prestixio internacional.
  • A especialista convidada a Santiago será Cecilia Tham, fundadora de 'Makers of Barcelona (MOB)' e referente da economía colaborativa.


Santiago de Compostela será a nova sede do Aquae Talent Hub tras colgar o cartel de aforamento completo nas edicións de Elxe (Alacante), Murcia e Málaga. Agora, con novos relatores e contidos, a Universidade de Santiago acolle esta nova edición que durante 2017 chegará a outros puntos da xeografía nacional.


Ademais de Cecilia Tham, recoñecida activista da innovación, conducirá o Aquae Talent Hub na USC Irene Lapuente, fundadora da empresa La Mandarina de Newton dedicada ao fomento da Creatividade. Ambas serán o fío condutor que implicará a audiencia desde o primeiro momento nun evento cento por cento participativo e activo.


Tras o taller impartido por Irene Lapuente, chegará a quenda de Ceclia Tham. Nada en Hong Kong pero residente en Barcelona desde hai 15 anos, Tham é fundadora de 'Makers of Barcelona', un dos maiores centros de coworking do país, desde o que impulsou outras iniciativas como o FabCafe e falará aos asistentes nun formato aberto onde o protagonismo recaerá en todos os que acudan á cita, animándoos a converterse en 'Makers' como ela.


Cartelcompletoaquaetalenthub

ASISTENCIA GRATUÍTA PERO LIMITADA


Aquae Talent Hub é posible grazas á colaboración de empresas como Viaqua, institucións como a USC e a Fundación Aquae, quen ofrece esta oportunidade de formación continuada e apoio aos emprendedores e innovadores de forma gratuíta en todas as súas convocatorias.


O formato do evento, con talleres participativos e espazos para o networking e intercambio de ideas, fai necesario reducir o aforamento e asistencia á cita, polo que os organizadores insisten na importancia de reservar as prazas en AquaeTalentHub.com coa maior antelación posible. Nas anteriores convocatorias, o aforamento completouse días antes do evento.


OITO EVENTOS AO LONGO DO ANO


A Paixón polo Talento viaxará ao longo de 2017 por toda a xeografía nacional, levando os Aquae Talent Hub ademais de a Santiago, a Murcia, Málaga, Alacante ou Sevilla. Cada cidade acollerá convocatorias con temáticas diferentes, sempre dentro da Innovación, xa sexa colaborativa, social, solidaria ou cultural. Ademais de Cecilia Tham, contarase coa presenza da Directora de ASHOKA para España e Portugal, Ana Sáenz de Miera; Santiago Roncagliolo, escritor hispano peruano que difundiu como é a vida na Amazonía peruana ou Valerie Miles, editora neoiorkina da revista Granta en español. O seguinte Aquae Talent Hub celebrarase en Alacante o 23 de maio, con Valerie Miles como relatora estrela.

relacionada Alxeria toma nota do modelo de saneamento de augas de Ourense, Santiago e Pontevedra
relacionada Alumnos de Santiago aprenden o valor da auga a través do programa 'Aqualoxía'
relacionada A auga da billa en Santiago, Ourense e Pontevedra renova o seu selo de "máxima calidade"
relacionada Unha fin de semana de fútbol sala infantil na Quintana

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE