Declara ante o xuíz o edil da Coruña investigado por un cartel do Entroido

José Manuel Sande tacha de "anecdótica" a situación e asegura que "nunca houbo ánimo de ofensa" na imaxe dun 'choqueiro' vestido de Papa. 


|

Concejalacoruainvestigadojosemanuelgomezsande

// @tone_corunha


Máis dun centenar de persoas concentráronse este luns ante as portas dos xulgados da Coruña en sinal de apoio ao concelleiro de Culturas no Concello da Coruña, José Manuel Sande.


O edil estaba citado a declarar ante o Xulgado de Instrución número 3 da Coruña tras unha denuncia que partiu da presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo, Aurora Carro, por un cartel do entroido ao entender que ofendía os "sentimentos relixiosos" por unha imaxe do Papa.


Ante as portas dos xulgados déronse cita un centenar de veciños, moitos deles integrantes dunha comparsa tradicional da cidade e disfrazados de curas, cardeais e papas, para apoiar ao edil ao berro de 'Entroido si, tristes non' e 'Sande amigo, a xente está contigo'. 


O concelleiro estivo acompañado polo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e entre os concentrados tamén se atopaban os deputados de En Marea Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz.


SEN ÁNIMO DE OFENSA


En declaracións aos xornalistas antes de entrar a declarar, Sande mostrouse "tranquilo" ante a súa declaración e é que, segundo sinalou en días anteriores, "non houbo ningunha vontade de ofensa cun cartel que reproduce un disfrace habitual no entroido coruñés dentro do carácter irreverente e lúdico que caracteriza esta festa".


"Quedounos claro desde o principio que ningunha confesión, e está así na Constitución, terá carácter estatal e por tanto hai unha separación necesaria. E desde o primeiro día este goberno exerceuno", asegurou o edil, quen insiste en que desde o goberno local sempre se respectaron as crenzas.


Á súa saída, tras declarar durante vinte minutos ante o xuíz, apelou á liberdade artística e de expresión, á vez que insistiu que "nunca houbo ánimo de ofensa" co cartel.


ALGO "ANECDÓTICO"


Sande tachou de "anecdótica" toda esta situación, á vez que indicou que a denuncia e a súa consecuente declaración ante o xuíz "é un episodio que non varía en absoluto" o talante do goberno local.


"É o momento de que se por algún lado se precisan batallas culturais, coa forza e a razón ímolas librar", afirmou Sande, que confía en que todo isto quede en "un pequeno incidente ou anécdota".


O edil, megáfono en man, agradeceu o seu apoio a todos os concentrados e enxalzou "o compromiso coa liberdades" por parte dos membros do goberno local, que sempre se mostraron "respectuosos" con todas as crenzas.

relacionada A Coruña apoia ao edil investigado por un cartel do Entroido
relacionada Imputan o concelleiro de Culturas da Coruña polo polémico cartel do Entroido

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE