Bombeiros censuran a "obsesión" de Natutecnia con "negarlles formación"
Pregúntanse se en realidade a súa obsesión é "facerlle a vida imposible aos seus traballadores".
Bombeiros dos parques comarcais que xestiona Natutecnia censuraron este mércores a "obsesión" desta empresa con "negarlles formación" aos seus traballadores.
Ata o punto, como denunciaron a través dun comunicado, de que a empresa "se nega a expedir o certificado para a convalidación da parte práctica" a aqueles profesionais que están a realizar o ciclo medio de Emerxencias e Protección Civil.
"Á empresa non lle custa absolutamente nada", reprobaron eses bombeiros, a quen a decisión de Natutecnia lles supón ter que facer 400 horas prácticas noutro centro.
Para eses empregados que se están formando, "esta política empresarial do pleistoceno, non acorde cos tempos actuais, é a que sempre tivo Natutecnia e da que nunca sairá". E pregúntanse se en realidade a súa obsesión é "facerlle a vida imposible aos seus traballadores".
Escribe o teu comentario