A Bienal de Teatro da ONCE comeza abril percorrendo 10 municipios galegos
A sede central será o Teatro Rosalía, na Coruña, que acollerá catro estreas.
A XVI edición da Bienal de Teatro da ONCE percorrerá desde o 30 de marzo, e ata o 2 de abril, un total de 10 municipios galegos nun evento que terá como sede central o Teatro Rosalía de Castro, na Coruña. Nel, terán lugar catro estreas.
Na presentación, coa presenza, entre outros, do delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, o alcalde remarcou que se trata dun evento cultural "que visibiliza as diversidades". Ademais, destacou o compromiso do executivo local con iniciativas que favorezan "o acceso á cultura dos veciños en igualdade de condicións".
No acto, participaron tamén o director artístico da Bienal, Esteve Ferrer, e a xefa do departamento de promoción de braille de ONCE, María José Sánchez, xunto á actriz coruñesa do grupo Valacar Yésica Val.
OUTROS ESCENARIOS
Durante a presentación, deuse a coñecer tamén o cupón do 2 de abril da ONCE, que levará a imaxe da Bienal en máis de cinco millóns e medio de boletos. Xunto á cidade herculina, o festival chegará tamén a localidades como Burela, Carballo, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Ourense, Pontevedra e Vigo.
En total, participarán oito compañías de teatro, que inclúen no seu elenco a actores e actrices con discapacidade visual. "Mostra de que a diversidade non é sinónimo máis que de pluralidade", sentenciou o rexedor coruñés.
Pola súa banda, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, incidiu na importancia de favorecer, a través das políticas culturais, a inclusión e a expresión dos colectivos con maiores dificultades de integración.
Escribe o teu comentario