O cupón da ONCE reparte 200.000 euros na Mariña
Un vendedor entregou 10 boletos premiados con 20.000 euros cada un en Burela e localidades limítrofes.
O cupón da ONCE repartiu 200.000 euros en Lugo, en 10 cupóns premiados con 20.000 euros cada un no sorteo do pasado domingo, 19 de marzo de 2017.
O vendedor da ONCE Jonatan Díaz Remigio é quen repartiu os 200.000 euros na súa ruta de venda que comprende Burela e localidades limítrofes, onde levou a sorte a varios dos seus clientes habituais, segundo informa a organización.
O cupón da ONCE do pasado 19 de marzo, dedicado ás Fallas de Valencia, tamén deixou premios en Andalucía e a Comunidad de Madrid.
Ademais, un premio de 3.000 euros do 'Super Once' caeu no Porriño, que repartiu a vendedora da ONCE Sonia Álvarez Pascual desde a súa ruta de venda no Polígono das Gándaras, onde vendeu un boleto con premio da categoría 7 de 7, no sorteo do 19 de marzo.
Escribe o teu comentario