A Fundación ONCE de Atención a Persoas con Xordocegueira mostra os seus 10 anos en Galicia

Actualmente, 27 cidadáns galegos con xordocegueira contan co apoio de sete mediadoras da FOAPS. 


|

Discapacidadceguera


A Fundación ONCE de Atención a Persoas con Sordoceguera (FOAPS) presenta na Coruña os resultados dos seus dez anos de dedicación (#10AñosFOAPS) á mellora da calidade de vida das persoas con xordocegueira en España e, neste caso concreto, en Galicia.


Con motivo deste décimo aniversario, a FOAPS presentará á sociedade galega, mañá venres, 17 de marzo, ás 12:00 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da ONCE en Galicia a realidade destas persoas baixo o lema 'Colle a miña man' (#CogeMiMano).


Asistirán o Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey; a Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García; o Director Xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado; o Presidente de FOAPS, Andrés Ramos; o Delegado Territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan e o Presidente do Consello Territorial, Carlos Fernández Lamigueiro, entre outras autoridades.


Ademais, Juan Rivas Mosquera, persoa con xordocegueira, contará en primeira persoa a súa experiencia no día a día, da man da súa mediadora.

relacionada Juan José García Martelo, elixido como mellor vendedor da Once en Galicia en 2016

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE