Juan José García Martelo, elixido como mellor vendedor da Once en Galicia en 2016
Na actualidade, Juan José García, vendedor con discapacidade física, desenvolve a súa actividade no municipio coruñés de Noia e permanece en activo desde o 1 de xullo de 2009.
O noiés Juan José García Martelo foi seleccionado como o mellor vendedor da Once do ano 2016 no ámbito da Delegación Territorial de Galicia, un galardón co que a organización trata de recoñecer anualmente o esforzo dos traballadores dedicados á venda dos seus diferentes produtos de xogo.
Na actualidade, Juan José García, vendedor con discapacidade física, desenvolve a súa actividade no municipio coruñés de Noia e permanece en activo desde o 1 de xullo de 2009.
"Bo traballador e mellor compañeiro, destaca por ser unha persoa equilibrada á que non lle gusta exteriorizar os seus sentimentos. A súa teima é a perfección tanto no traballo como na vida diaria", recolle a Once.
Juan José García, xunto aos outros 21 vendedores seleccionados de todos os puntos de España, recibiron os correspondentes galardóns o pasado 3 de marzo, no transcurso dunha cea de gala celebrada en Madrid.
Escribe o teu comentario