Sabina programa un segundo concerto na Coruña
Faio tras esgotarse as entradas para o día 22 de xullo. O artista dará outro concerto ao día seguinte na cidade herculina.
Joaquín Sabina non terá suficiente con 'negalo todo' unha vez. Cal Judas Iscariote, fará gala da negativa do seu último disco unha segunda vez. Desta forma o madrileño actuará , ademais do 22, o 23 de xullo na Coruña, para presentar o seu último traballo 'Lo niego todo', tras esgotarse o pasado luns as entradas para o 22 de xullo en menos de catro horas.
Con este concerto, son 22 os confirmados na próxima xira por España do cantante de Úbeda. Segundo a web oficial de Sabina, as entradas para o concerto do día 23 de xullo na cidade herculina poñeranse á venda o vindeiro luns, 27 de marzo, ás 10,00 horas.
Con máis de 125.000 entradas vendidas para os primeiros shows confirmados --incluíndo tres cheos en Madrid nun tempo récord--, a súa xira confírmase como un dos regresos máis esperados deste 2017.
Riff Producións destaca que o recibimento por parte de critica e público do seu novo disco 'Lo niego todo' foi "unánime", número uno en descargas dixitais en España e América Latina con opinións xeneralizadas sobre o estado de graza das súas novas composicións.
Escribe o teu comentario