Sabina presenta 'Lo niego todo' na Coruña o 22 de xullo
As entradas para estes novos concertos estarán dispoñibles cunha prevenda exclusiva de 48 horas a partir do 7 de febreiro nas webs oficiais a un prezo de 38 euros.
O cantautor Joaquín Sabina vendeu máis de 100.000 entradas dos primeiros concertos confirmados da xira de presentación de 'Lo niego todo', o novo disco que chegará ás tendas en marzo, co que recalará en A Coruña o 22 de xullo.
Agora chegan novas datas nas que se deterá a caravana de Sabina, quen ademais confirma facendo unha chiscadela á súa cidade o arranque da mesma en Úbeda, onde o próximo 9 de xuño estreará en directo estas novas cancións.
Ademais de Úbeda, a xira ten novas datas en Valencia (4 de xullo), Murcia (14 de xullo), A Coruña (22 de xullo), Marbella (1 de agosto, Starlite Festival), Xerez (1 de setembro), Alacante (23 de setembro) e Bilbao (8 de outubro, segunda data no BEC). O artista tamén percorrerá América e tocará en París e Londres.
A xira percorrerá as principais cidades do país, arrincando nos primeiros días de xuño en Sevilla e prolongándose ata mediados de outubro (con datas previamente confirmadas en Madrid, Barcelona, Bilbao e Zaragoza). A estas novas cidades uniranse novas datas nas próximas semanas.
As entradas para estes novos concertos estarán dispoñibles cunha prevenda exclusiva de 48 horas a partir do 7 de febreiro nas webs oficiais www.jsabina.com e www.loniegotodo.com, únicos portais autorizados e que garanten o prezo oficial da entrada. Todos os asentos a partir de 38 euros.
A partir do 10 de Febreiro as entradas tamén estarán dispoñibles en El Corte Inglés, Ticketmaster e Marcaentradas. A xira "Lo niego todo" esta organizada por Riff Producións, Get In, e The Project en acordo con Berry Producións.
Escribe o teu comentario