Villares reduce a "anécdota" a lea na asemblea de Anova

Asegura que o ocorrido non fai xustiza ao que é o espazo de confluencia de En Marea, "un espazo de fraternidade"


|

Villaresbeiras


O portavoz parlamentario de En Maera, Luís Villares, reduciu a rifa do pasado sábado na asemblea de Anova en Pontevedra a "unha cuestión de carácter anecdótico" e incidiu en que o espazo de confluencia debe ser "de fraternidade" e "de exemplo".


En declaracións aos medios antes de participar nunha manifestación de traballadores de Pescanova, Villares recalcou que o ocorrido nesa asemblea "non fai regra do que é o espazo de confluencia" de En Marea, que é "un espazo de fraternidade".


"O espazo de fraternidade debe ser un espazo de exemplo e nós temos que estar preocupados polos problemas da xente, achegando alternativas ao noso país, que é o que estamos a facer", sentenciou.


Villares reiterou que o incidente do sábado en Pontevedra debe quedar "no espazo da anécdota", e lembrou que Anova "xa tomou medidas disciplinarias en relación a esa xente".

relacionada Xeira descúlpase e aparta aos militantes implicados na rifa da Asemblea de Anova
relacionada Máis do 80% de Anova referenda a candidatura de Antón Sánchez
relacionada Beiras anima aos dirixentes de En Marea a facerse "cargo do asunto" sen mentores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE