Xeira descúlpase e aparta aos militantes implicados na rifa da Asemblea de Anova

Nun texto publicado na súa páxina web piden perdón polo dano que os seus militantes poidan ocasionar ao movemento popular.


|

Anovaasambleabeirasintervencionauditorio


O colectivo Xeira, a organización galega da mocidade comunista e independentista, que durante a xornada do sábado durante a Asemblea de Anova protagonizara un encontrón por mor duns comentarios de Beiras que acabou en patadas e empuxóns, acaba de publicar un comunicado a través da súa web no que piden desculpas e anuncian que apartan aos militantes implicados na liorta.


Xeira tacha de "intolerables" tales condutas e afirma que "en ningún caso poden eclipsar o bo funcionamento e cordialidade xeral en que discorreu a dita asemblea". Ademais, anuncian que proceden a apartar, polo menos temporalmente, a estes militantes, dadas as súas "prácticas antitéticas co compañeirismo, a fraternidade, a construción en común e o feminismo".


"DESPATRIARCALIZACIÓN"


Neste comunicado, Xeira define "a agresividade e violencia entre iguais" como unha "forma estrutural de patriarcado e dos seguintes modos de explotación de disgregar e dividir ás desposuídas". Por iso, din que fan "autocrítica" e propóñense "avanzar" aos poucos na eliminación de tales prácticas que eles asocian cunha cuestión de machismo e "testosterona" da que "lamentablemente todos somos reféns".


É por iso que, ademais de apartar os seus militantes 'violentos, Xeira anuncia que os suxeitos terán que acudir de forma periódica a talleres de formación en "despatriarcalización das prácticas socio-políticas, aprendizaxe de coidados e compañeirismo". Presuponse que unha vez superados tales cursos, os suxeitos estarán preparados para volver á militancia sen a cuestión hormonal polo medio.


RIFA


Os feitos remóntanse ao sábado pola tarde cando, tras votarse as emendas, o aínda portavoz nacional preguntou se podía intervir para expresar unha opinión á marxe do debate concreto dos textos. Fíxoo para reivindicar que en 2012, cando naceu Anova, iniciouse unha aposta pola unidade popular e lanzouse "a proposta de que había que traspasar as fronteiras" do nacionalismo, polo que advertiu, na liña do documento oficial: "Só faltaba que agora se reproducise dentro de En Marea a cuestión do nacionalismo".


Foi durante a súa intervención, na que Beiras reivindicou que ninguén tiña unha traxectoria "de máis nacionalismo" que el, cando un militante de Cangas o increpou desde as bancadas do auditorio. Logo da ovación a Beiras cos asistentes en pé e abrazo incluído co histórico da FPG Xosé Luís Méndez Ferrín, o ambiente crispouse tras enfrontarse mozos de Xeira con exmilitantes da FPG (por esas afrontas lanzadas contra Beiras), unha rifa que incluíu patadas e empuxóns.

relacionada Máis do 80% de Anova referenda a candidatura de Antón Sánchez

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE