Máis do 80% de Anova referenda a candidatura de Antón Sánchez

Os portavoces nacionais saíntes, Beiras e Noriega, foron os máis apoiados, con 160 e 158 votos.



|

Antonsanchezanova


O 82% da asemblea de Anova-Irmandade Nacionalista referendou toda a candidatura que encabezou Antón Sánchez para a renovación dos órganos de dirección da formación, aínda que existía a posibilidade de apoiar a algúns membros da lista e a outros non.


Tiñan dereito a voto preto de 700 militantes para elixir os 50 nomes da nova Coordinadora Nacional --máximo órgano de decisión entre asembleas--. O sistema de votación era por listas desbloqueadas, é dicir, permitíase escoller nomes dentro da propia candidatura sen votala ao completo.


Así, os portavoces nacionais saíntes, o histórico Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega --alcalde de Santiago--, foron os máis apoiados, con 160 e 158 votos, respectivamente. Pola súa banda, Antón Sánchez, o terceiro máis apoiado, aglutinou un total de 156 votos dos 164 emitidos nas votacións que tiveron lugar en urna.


Durante a tarde no plenario, militantes comentaron que se barallou a posibilidade de unicamente apoiar a Martiño Noriega como mostra de crítica, pero esta situación que, aínda que se produciu, deuse só nalgunha papeleta.

relacionada Davide Rodríguez renuncia a ir na lista de Antón Sánchez en Anova
relacionada Antón Sánchez lidera unha lista para a dirección de Anova que inclúe a Beiras e Noriega

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE