Podemos esixe a comparecencia "urxente" de De La Serna tras a imputación do xefe de Adif

A Plataforma de Vítimas volve pedir a comisión parlamentaria e técnica sobre o acciente, que consideran "máis necesaria que nunca".


|

Feijoodelaserna


O grupo de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea solicitou a comparecencia urxente no Senado do ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, tras coñecerse este luns a imputación do que era director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, por delitos de homicidio e lesións por imprudencia grave no accidente ferroviario de Angrois, ocorrido en Santiago en 2013.


Posto que aquel sinistro está a ser investigado xudicialmente, o grupo solicita formalmente que o ministro faga unha avaliación integral de risco das liñas de alta velocidade de Galicia, explicou a portavoz adxunta, Maribel Moura.


AS VÍTIMAS VOLVEN PEDIR A COMISIÓN PARLAMENTARIA


A Plataforma de Vítimas do Alvia volveu pedir este martes unha comisión de investigación parlamentaria e unha comisión técnica sobre o accidente, despois da decisión do xuíz de chamar a declarar a Cortabitarte.


Tras o novo auto do xuíz, as vítimas emitiron un comunicado no que subliñan que "agora máis que nunca se fai necesaria unha comisión de investigación parlamentaria e unha técnica". "A responsabilidade política última ha de ser asumida, segundo a Axencia ferroviaria Europea, polos máis altos niveis da organización, empezando polo ministro de Fomento", avisan.


O AVOGADO DO MAQUINISTA CELEBRA A IMPUTACIÓN


Manuel Prieto, avogado de Francisco Garzón, o maquinista do Alvia, celebrou a decisión xudicial de imputar ao que era xefe de Seguridade de Adif, ao argumentar que "por fin" se acepta que, "á marxe do descoido ou lapsus" que poida ter o maquinista, "había unha carencia absoluta de seguridade como consecuencia dunha falta de análise de risco que non se fixo".


Prieto subliñou que, "nesas condicións, as liñas ferroviarias non se poden poñer en funcionamento" e "non é correcto facelo". Agregou que as liñas "teñen que ter seguridade e un erro humano por un lapsus nunca pode levar un accidente, e menos desas características".


"Que é o director de Seguridade? Ben. Só el? Bo, xa veremos", advertiu, aínda que rexeitou entrar a valorar a posibilidade de que se depuren responsabilidades políticas nun escalafón superior.


"Entendo que no tema xudicial hai unha responsabilidade clara de Adif. Se ao xefe de Seguridade non lle deron os medios, se lle obrigaron a inaugurar con présa el terá que dicilo. Agora ten a oportunidade de explicar por que non fixo adecuadamente o seu traballo: porque non quixo ou porque non lle deixaron", aseverou.

relacionada Vítimas do Alvia: "Foi en Europa onde logramos que nos traten como cidadáns"
relacionada O xuíz do caso Alvia atribúe ao xefe de seguridade de Adif os delitos de homicidio
relacionada Rexeitada por terceira vez a comisión de investigación do Alvia no Parlamento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE