Renfe considera "desproporcionada" e "inxusta" unha sanción imposta por Competencia

A CNMC casitiga a Renfe Mercancías con case 65 millóns de euros por prácticas "corrixidas voluntariamente". A operadora ferroviaria recorrerá a multa.


|

Renfemercancias


Renfe considerou "desproporcionada, inxusta e inútil" a sanción imposta pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) e anunciou que recorrerá a multa ante a Audiencia Nacional.


En concreto, Renfe Mercancías, a través dos seus servizos xurídicos, presentará recurso contra a sanción de 64,9 millóns de euros imposta pola sala de Competencia da CNMC por supostas prácticas contrarias ao dereito á competencia.


A operadora considera que esta sanción é "desproporcionada" para unha empresa, Renfe Mercancías, que factura 215 millóns de euros, ademais de "inxusta e inútil", en tanto que as prácticas denunciadas xa foron corrixidas voluntariamente.


As supostas prácticas obxecto da sanción, segundo explica a compañía, remóntanse ao ano 2008 e deron orixe á apertura dun expediente en marzo de 2014.


O novo equipo de Renfe deseñou unha estratexia de xestión na sociedade Renfe Mercancías a implantar no período 2017-2019 para seguir operando nun mercado liberalizado.

relacionada Un millón de viaxeiros subiron na liña Galicia-Madrid no último ano
relacionada Renfe contrata autobuses e taxis para levar por estrada os pasaxeiros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE