As Anpas galegas apoian a folga educativa do 9 de marzo
Consideran que o adiamento das reválidas non é acordo suficiente para deter as protestas contra a LOMCE.
A Confederación de Anpas Galegas emitiu un comunicado no que expresa o seu apoio á convocatoria de folga no ensino do próximo 9 de marzo, en protesta contra a LOMCE.
"As nais e pais do alumnado público galego non queremos a LOMCE, demandamos a súa inmediata derrogación e non aceptamos un pacto educativo no que non estea presente toda a comunidade educativa galega", apuntou a entidade.
Así, a Confederación subliñou que a LOMCE é unha norma "lesiva para os intereses da mocidade" e da sociedade futura, polo que considerou que o adiamento das reválidas non é acordo suficiente para deter as protestas contra ela.
Escribe o teu comentario