A Plataforma Galega en Defensa do Ensino tamén convoca folga xeral o 9 de marzo

A intención é "asestar un golpe mortal e definitivo" á Lomce. Chama ademáis a concentrarse en distintas localidades galegas.


|

Nonalomce


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convocou folga xeral en todos os niveis educativos para o próximo 9 de marzo, co fin de "asestar un golpe mortal e definitivo" á Lomce tras o éxito da folga do pasado 16 de febreiro.


Trátase da segunda plataforma en Galicia que se suma á xornada de folga estatal do mes de marzo, ademais da xa anunciada pola Plataforma en Defensa do Ensino (na que participa o Sindicato de Estudantes, CC.OO-Ensino ou Fete-UGT, entre outros).


Así, consideraron "necesario" saír á rúa "unha vez máis" para reclamar a fin da Lomce e o impulso de "unha lei galega da educación", rexeitando un pacto entre forzas políticas estatais que "prexudique gravemente a situación" do ensino en Galicia.


Ademais da folga xeral, que se celebrará en todas as etapas, a plataforma convoca protestas en diversas localidades ás 11.30 horas. En concreto, na Coruña (Praza de Vigo), Ferrol (Praza de España), Lugo (Praza da Horta do Seminario), Ourense (Subdelegación do Goberno), Pontevedra (Praza da Peregrina), Santiago (Alameda) e Ribeira (IES nº 1).

relacionada Xornada de folga para presionar pola "derrogación total da LOMCE"
relacionada A Plataforma en Defensa do Ensino Público chama á folga o 9 de marzo
relacionada Folga xeral educativa o 9 de marzo contra a LOMCE e por un pacto "social"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE