Só 322 médicos dos últimos 2.500 formados en Galicia teñen praza estable
O grupo parlamentario socialista denuncia a precarización da profesión, evidente tamén nun sistema de contratacion por horas ou fins de semana.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, denunciou este luns que só 322 médicos dos últimos 2.500 formados nos hospitais galegos se fixeron cunha praza estable, o que supón unha "precarización" da profesión que se evidencia tamén nun sistema de contratación "por horas ou por fins de semana".
Fronte a esta situación, que expuxo en rolda de prensa, o dirixente socialista avanzou que pedirá na Cámara que a Xunta saque unhas 2.500 prazas de médicos ao longo da lexislatura para ir paliando esta situación. E é que, como advertiu, as condicións laborais do persoal sanitario tamén "teñen consecuencias asistenciais", tanto na calidade do servizo como no aumento das listas de espera.
Sanidade actualiza as listas de selección temporal do persoal de xestión e servizos
Escribe o teu comentario