O deterioro na hospitalización psiquiátrica derivou nunha agresión e un suicidio en Santiago

O Movemento Galego da Saúde Mental lembra as súas reiteradas chamadas de atención contra os recortes que debilitan a calidade asistencial e a seguridade.


|

Suicidiossanitarios


O Movemento Galego da Saúde Mental denunciou, a través dun comunicado, o "doloroso dano" que están a provocar "os recortes" en hospitalización psiquiátrica en Santiago de Compostela e que derivaron no recente suicidio dunha paciente ingresada e na denuncia, uns días antes, dunha agresión sexual por parte doutra paciente.


A asociación lembrou as súas reiteradas chamadas de atención sobre o "deterioro progresivo" da atención á saúde mental en Galicia, causado polos "recortes sanitarios e as formas de xestión sen planificación".


Como consecuencia destes "recortes", o movemento denunciou "que se estaba comprometendo a calidade asistencial e a seguridade dos pacientes", algo que evidencian "recentes acontecementos" na Unidade de Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo.


"O falecemento dunha paciente por suicidio e a denuncia, uns días antes, dunha agresión sexual por parte doutra paciente, ambas as dúas ingresadas nesa unidade, son cuestións de indubidable gravidade que han de entenderse no marco do deterioro antes sinalado", explicou a entidade.


Neste sentido, o Movemento da Saúde Mental volveu criticar a "escasa dotación desta unidade" e a "frecuente retirada de persoal de enfermería" dela para "cubrir necesidades noutros servizos do mesmo hospital, tamén debilitados polos recortes de persoal".


Do mesmo xeito, denuncian a "escasa actividade dos pacientes ingresados, a carencia de terapeuta ocupacional no equipo, a falta de medios para a coordinación e a elaboración de plans terapéuticos" e "a repetición de agresións ao persoal".


NON PERMANECER "PASIVOS"


Para a asociación, estes acontecementos, "se se poden previr", non poden "aceptarse silenciándoos ou permanecendo pasivos ante eles", polo que reivindicaron que sexan coñecidos "publicamente".


A prevención para que este tipo de situacións non se repitan no futuro "esixe a adopción de inmediato das medidas oportunas", recollendo "as contribucións dos profesionais, en particular de enfermería, para mellorar a calidade da hospitalización psiquiátrica".


Para iso, o movemento rexeita centrarse só en "medidas de reforzo do control sobre os pacientes" e aposta por "reforzar a finalidade terapéutica da hospitalización"

relacionada Traballadores da sanidade reclaman a recuperación dos seus salarios e dereitos recortados
relacionada SOS Sanidade Pública, ante os colapsos: "Non é a gripe, son os recortes"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE