Os teleoperadores volven á folga

Segundo a CIG, os traballadores "acumulan perdas desde 2009 equivalentes a unha paga" e non conseguiron acordo coa patronal na mesa do convenio.


|

Callcentresaludresponde


A CIG convocou para este luns unha nova xornada de folga e mobilizacións nos centros de chamadas de Galicia. Nos casos de Extel, Atento e Abante conta co apoio da CGT.


Diso deu conta a central sindical a través dun comunicado, no que explicou que se chega a esta situación ao non alcanzar acordos coa patronal na mesa do convenio.


En concreto, segundo a CIG, as propostas de subida salarial supoñían "unha nova perda de poder adquisitivo" para os teleoperadores, que xa "acumulan perdas desde 2009 equivalentes a unha paga".


Neste escenario, o sindicato fixo un chamamento para participar na folga e nas concentracións convocadas nas catro provincias.

relacionada Xornada de folga para presionar pola "derrogación total da LOMCE"
relacionada Os estibadores non farán folga a próxima semana
relacionada Folga xeral educativa o 9 de marzo contra a LOMCE e por un pacto "social"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE