30 millóns para fomentar o emprendemento en 241 municipios do rural galego
A medida do Goberno galego beneficiará a unhas "13.000 persoas" e terá dous eixos, un de emprendemento e outro de formación.
A Xunta destinará un total de 30 millóns de euros a fomentar o emprendemento en 241 municipios do rural galego declarados como "zonas de especial despoboamento" para que as persoas interesadas poidan poñer en marcha os seus proxectos.
Diso informou este xoves en rolda de prensa o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, tras a reunión semanal do Consello na que se deu luz verde a esta medida coa que o Executivo autonómico prevé que se beneficien unhas "13.000 persoas".
Na súa intervención, Rueda precisou que este programa terá dous eixos, un con medidas dirixidas a fomentar especificamente o emprendemento e outro con accións dirixidas á formación.
Escribe o teu comentario