Mendizorroza decide esta noite quen pelexará pola Copa contra o Barça

Choque de alta intensidade para conseguir o segundo billete á final. Celta e Alavés, dous equipos entregados para buscar o seu oco na historia.


|

CeltasemifinalO Celta pelexa polo seu billete para a final. //Fonte: RC Celta


Celta e Alavés cítanse coa historie esta noite en Mendizorroza, o último paso para regresar a unha final da Copa do Rey que xa ten un aspirante, o Barça. Tras asinar un empate sen goles en Balaídos na ida, os de Berizzo chegan a Mendizorroza dispostos a marcar e poñer a eliminatoria moi costa arriba ao Alavés. Pero o conxunto vasco demostrou a súa fortaleza e entrega.


A afección foi viaxando entre este martes e mércores a Vitoria para arroupar o equipo na súa pelexa. Desde Vigo partiron en autobuses uns 700 seareiros.



O último precedente dunha final copeira celeste é do 2001. O Celta de Víctor Fernández emparellouse co Barça, ao que gañou por 3-1 en Balaídos e aguantou cun empate a 1 no Nou Camp.


Dieciseis anos máis tarde, busca repetir a súa oportunidade de levar a copa ás súas vitrinas baleiras.

relacionada O Celta viaxa con todo, lesionados incluídos, a pola semifinal de Copa
relacionada A Federación mantén a data do Alavés-Celta de Copa do Rei

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE