A Federación mantén a data do Alavés-Celta de Copa do Rei


|

Obrasbalaidos


A Federación Española de Fútbol desestima a petición do Alavés de aprazar o partido de volta da Copa do Rei ante o Celta. Segundo adianta a Cadena Ser, a RFEF interpreta que o encontro de Balaídos ante o Real Madrid foi suspendido por "causa de forza maior", circunstancia que non se dá na semifinal deste mércores. O cadro vasco entende que o Celta chega con vantaxe por descansar esta fin de semana.


Doutra banda, o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais (TACRC) levantou a suspensión sobre a obra de reforma da bancada de Río do estadio municipal de Balaídos. Segundo a resolución, á que tivo acceso Europa Press e que leva data do 3 de febreiro, a Asociación en Defensa de Vigo, ADEVigo, "non acredita un interese directamente relacionado co obxecto de recurso, tan só unha relación reflicte co dito obxecto", polo que non está lexitimada para recorrer o procedemento.


Por outra banda, continúa a resolución, ADEVigo "non denuncia ningún defecto ou irregularidade imputable ao acto de adxudicación ou ao procedemento de contratación" das obras, senón que basea o seu recurso en que os traballos "carecen de xustificación".


CONFLITO


A resolución do TARC coñeceuse 48 horas despois de que o goberno municipal decidise impedir o uso das instalacións de Balaídos para a disputa do partido do domingo entre Celta e Real Madrid, debido a problemas de seguridade tras desprenderse parte da cuberta desa bancada polo temporal.


Segundo sostén o goberno vigués, a reforma desa bancada podería estar en marcha desde decembro pasado (cando se adxudicou por 5,5 millóns de euros), pero unha asociación "próxima ao PP" interpuxo recurso co único fin de paralizala.


Fontes de ADEVigo, entidade presidida polo ex alcalde Carlos Príncipe, confirmaron a Europa Press que acatarán a resolución do TACRC, aínda que insistiron en que os problemas desa bancada non son imputables ao recurso presentado, senón aos "dez anos de xestión de Caballero".


"NON HOUBO RISCO"


O goberno municipal de Vigo asegurou este luns que antes do desprendemento da cuberta na bancada de Río de Balaídos "non houbo riscos" para os afeccionados, e volveu insistir en que "todo o relacionado coa paralización" da reforma nesa zona do estadio "é imputable ao PP".


O portavoz municipal sinalou que o goberno coñece o mal estado da bancada e, por iso está "embarcado" na reforma do estadio, e sinalou que as obras de seguridade adxudicadas en 2014 non puideron concluírse en todos os aspectos porque a empresa encargada alertou de que "os danos eran maiores do inicialmente previsto".


A preguntas dos medios sobre se se pode garantir a seguridade no estadio para os próximos partidos, Carlos López Font remitiuse ás decisións que adopten os técnicos. Nese sentido, lembrou que ata este martes, cando se prevé que os refachos de vento sexan de menor intensidade, non se poderá avaliar o dano na cuberta nin decidir que medidas se poñen en marcha.

relacionada As desfeitas en Balaídos tras o temporal obrigan a suspender o Celta-Madrid
relacionada O billete para a final de Copa está en Mendizorroza

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE