Barreiro: "O AVE vai ser unha realidade en Lugo"

O portavoz do PP no Senado mantivo encontros con Fomento e Adif para que a provincia non quede "excluída da conexión con Madrid".


|


BarreiroOK


O portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro, mantivo encontros co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna e co presidente de Adif, Juan Bravo Rivera e a directora xeral de Explotación e Construción, Isabel Pardo de Vera, en relación á chegada do AVE a Lugo.


Tralos encontros, Barreiro ratificou nun comunicado o compromiso das partes co acceso de Lugo á alta velocidade. Para iso o departamento que dirixe Íñigo de la Serna está estudando cal é a posibilidade técnica máis adecuada. Neste sentido, o portavoz popular no Senado dixo que "por fin a Alta Velocidade vai ser unha realidade para todos os lucenses e o noso empeño é que se consiga no menor prazo posible".


O portavoz popular explicou que a chegada do AVE é "un compromiso" do Partido Popular, tanto a través do Ministerio como da Xunta de Galicia, que xa converteu a conexión por alta velocidade Lugo-Monforte-Ourense, na súa prioridade número un.


Barreiro destacou as palabras do ministro, quen xa garantira a Núñez Feijóo que se fará un seguimento detallado para que non se volvan incumprir os prazos previstos. "Lugo merece non quedar excluído da conexión con Madrid a través do AVE, o obxectivo é que poidamos estar na capital de España ao redor das tres horas", aseverou.


ESTACIÓN DE SARRIA


Ademais, trasladou aos responsables de Adif a súa preocupación pola mecanización dos expendedores de billetes na estación de ferrocarril de Sarria.


Durante a reunión, Juan Bravo Rivera explicou que non se suprimirán postos de traballo e que o único cambio que se vai producir na estación de Sarria será a automatización da venda.

relacionada Fomento atrasa a chegada do AVE a Galicia ata verán de 2019
relacionada Feijóo "entende o escepticismo galaico" sobre o AVE e admite "enganos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE