O Concello de Sarria non pagou a nómina de xaneiro aos seus 90 traballadores por carecer de tesoureiro

A alcaldesa sarriá avanzou que son os propios bancos cos que traballan os funcionarios os que "van facer un adianto de nóminas"


|

Pilarlopezyaezsarria


A alcaldesa da localidade luguesa de Sarria, a socialista Pilar López, confirmou este xoves que o Concello da localidade non puido abonar a nómina de xaneiro aos case 90 funcionarios por carecer de tesoureiro.


Neste sentido, explicou que é consecuencia da situación de suspensión de pagos no que está sumido o Concello a o carecer da figura de tesoureiro habilitado á que obriga o Ministerio de Facenda aos municipios de menos de 20.000 habitantes.


Con todo, a alcaldesa sarriá avanzou que son os propios bancos cos que traballan os funcionarios os que "van facer un adianto de nóminas". "Desde o Concello non se abonaron (as nóminas). O que pasa é que a maioría dos bancos van facer un adianto de nóminas", abundou.


A pasada semana celebrouse un pleno onde se acordou crear esta figura, coa ausencia na votación dos concelleiros do PP e o dous non adscritos (ex de Compromiso por Galicia).


Con todo, Pilar López calcula que aínda pasará un mes e medio ou dous meses ata que se conclúa con todo este proceso para contratar a un tesoureiro habilitado.


Finalmente lembrou que "mañá (venres) publícase a modificación de persoal (do Concello de Sarria) no Boletín Oficial da Provincia". Despois diso terá que saír publicado tamén no Diario Oficial de Galicia (DOG).

relacionada A Deputación da Coruña pide marxe para evitar un caos pola falta de tesoureiros
relacionada Balseiro chama á responsabilidade dos grupos da oposición de Sarria
relacionada O concello de Sarria suspende pagos a provedores e empregados

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE