A Deputación da Coruña pide marxe para evitar un caos pola falta de tesoureiros
Por unanimidade no pleno, insta o Goberno a aprobar unha prórroga pensando sobre todo nos municipios máis pequenos.
A Deputación da Coruña aprobou en pleno, por unanimidade, unha declaración institucional instando o Goberno central a aprobar unha prórroga da medida imposta polo Ministerio de Facenda que establece a obrigatoriedade de que todos os concellos conten con tesoureiros habilitados nacionais.
A prórroga solicítase para os concellos de menos de 5.001 habitantes "e ata que haxa convocatorias públicas suficientes para cubrir os novos postos de tesoureiros ou se modifique a Lei de Bases de Réxime Local", sinala o organismo provincial sobre o contido do acordo.
Así mesmo, a institución provincial solicita que, no caso de reforma da lei, tamén se elimine a obrigatoriedade en todos os concellos de menos de 20.000 habitantes.
Escribe o teu comentario