Balseiro chama á responsabilidade dos grupos da oposición de Sarria

O delegado da Xunta en Lugo reprocha ao executivo local que "tivo a oportunidade" de crear a praza de tesoureiro.


|

Josemanuelbalseirolugohorizontal


O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, apelou á responsabilidade de todos os grupos municipais de Sarria para acordar no pleno da tarde deste mércores habilitar unha praza de tesoureiro. Esta circunstancia provocou unha suspensión de pagos no Concello de Sarria, onde está pendente de pago a nómina de xaneiro dos seus noventa traballadores.


"O tema de Sarria non é competencia da Xunta, é competencia do Goberno do Estado. Eu o único que teño que dicir é que o goberno municipal tivo a oportunidade de ter creada esa praza, de sacar adiante os orzamentos e iso parece que non foi así", lamentou.


Como "opinión persoal", Balseiro apuntou que un goberno "cando goberna en minoría", como é o da socialista Pilar López, "ten dúas posibilidades; ou chegar a acordos, ou se os veciños lle outorgan a maioría o goberno, pode tomar unha serie de decisións".


"Neste caso os veciños non lle outorgaron a maioría a ese goberno e terá que chegar a acordos co resto de grupos municipais", abundou.


O delegado da Xunta engadiu que "iso non foi así". "E esperemos que iso se solucione canto antes, e hoxe hai un pleno a última hora da tarde e espero e chamamos á responsabilidade de todos os grupos dado que o goberno municipal está en minoría e supoño que o resto de grupos van ser responsables con este tema e esperamos que así sexa", concluíu.

relacionada O concello de Sarria suspende pagos a provedores e empregados

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE