Carles Planas: "O Alavés vai ser un rival moi duro"
"Se está a disputar unha semifinal de Copa é por algo", avisa o xogador. Por iso insiste en que a clave é o traballo para "seguir soñando" coa final.
O Celta pensa xa no partido de semifinais ante o Alavés en Copa do Rei. Carles Planas avisa de que "vai ser un rival moi duro" e que o equipo necesitará mostrar a "nosa mellor versión para sacar resultados positivos e tentar seguir soñando en chegar á final".
O xogador lembra que "se está a disputar unha semifinal de Copa é por algo". Para meterse na final, o Celta manterá a súa filosofía ante o Madrid, facer o mellor partido posible na ida e "manter a portería a cero".
DÍA DE EXAMES MÉDICOS
Os xogadores do primeiro equipo sometéronse este luns a unha completa analítica no Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima. Tal e como informa o club, "os resultados deste control permitirán aos servizos médicos avaliar con precisión o estado físico do cadro para a segunda parte da tempada, cun calendario inmediato tremendamente esixente e un tramo posterior apaixonante e decisivo".
As probas incluíron análises de sangue e ouriños, do mesmo xeito que nos exames médicos que se realizan a principios de tempada.
Escribe o teu comentario