Berizzo: "Gañamos o dereito a soñar"
O adestrador do Celta sitúa o Madrid como "favorito" para pasar a elminatoria e presentará unha proposta semellante á do Bernabéu.
O adestrador do Celta recoñece que o Real Madrid é o favorito para impoñerse mañá na eliminatoria de Copa en Balaídos. Con todo, defende que os celestes "gañamos o dereito a soñar". Sabedor de que o encontro é unha final, Berizzo convocou unha sesión matinal de adestramento, tras a cal dará a coñecer a lista de convocados.
Uno dos focos sobre os que o míster fixa a atención é o mental: "Enfocado, seguro, calmo está o equipo para este partido. Calquera resultado que conseguísemos na ida non nos relaxaría nunca", avisa.
O outro aspecto fundamental é a formulación sobre o céspede, que non será distinta da proposta no Bernabéu: "O plan é recuperar o balón o máis arriba posible, é protagonizar o xogo", polo que Berizzo anuncia que tratarán "de incomodar, presionar, axustar as marcas e despois utilizar o balón co criterio de saber se é posesión ou verticalidad".
En terceiro lugar, o adestrador destaca os seareiros. "Todos os partidos que gañamos fixémolo coa afección e o de mañá tamén debe ser así", afirmou.
Escribe o teu comentario