O Celta supera o Madrid e defenderá a súa vantaxe en Balaídos

(1-2). Iago Aspas inaugurou o marcador pasada a hora de partido e asistiu a Jonny no segundo. O segundo asalto, nunha semana.


|

AspasceltamadridcopaIago Aspas abriu o marcador. //Foto: RC Celta.


Primeiro asalto contra o Madrid finiquitado con vitoria polo Celta. O 1-2 deixa a eliminatoria de Copa do Rei moi de cara para que o conxunto celeste defenda a súa vantaxe na casa, en Balaídos, ante a súa afección.


O Celta aproveita a inercia dun inicio de ano impecable para arrincar ao Real Madrid a súa segunda derrota consecutiva tras caer en liga ante o Sevilla. A receita: solidez en todo o campo para desarmar o ataque madridista, presión e poutadas para crear perigo.


Os brancos fixéronse co control do balón e coas primeiras ocasións, abortadas polo gardameta celeste Sergio. O Real Madrid estivo menos fino en defensa e sufría cada vez que Bongonda, Wass ou Iago Aspas se lanzaban ao ataque. O gran traballo colectivo do conxunto celeste puido conter durante toda a primeira metade as múltiples acometidas merengues.


Tras a continuación o Celta mostrouse aínda máis compacto atrás, para frear a sangría de ocasións do Madrid. E ao cuarto de hora da segunda metade, Iago Aspas non perdoou, fusilando desde o punto de penalti.


O gol provocou unha avalancha de ocasións madridistas que terminaron atopando premio cun gol de Marcelo. Pero non durou moito o empate, grazas á presión celeste. Jonny desbaratou a saída do balón e cedeullo a Aspas para volver recibilo e quedar man a man con Kiko Casilla. Tampouco perdoou.


O Real Madrid seguiuno tentando, pero xa non se volveu mover o marcador. Así, o Celta trae para Balaídos un botín inmenso, que deberá protexer dentro dunha semana.

relacionada A resposta de Orellana que se cargou a súa relación con Berizzo: "Que vaia cagar"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE