A resposta de Orellana que se cargou a súa relación con Berizzo: "Que vaia cagar"

O futbolista chileno fala tras ser apartado do Celta e acusa o adestrador de tratalo con "deslealdade".


|

Berizzoorellana


Nin Berizzo nin Orellana quixeron desvelar concretamente os motivos nin o detonante do desencontro entre ambos. Aínda que a relación estaba ultimamente na corda frouxa, un incidente provocou que o técnico decidise apartar ao xogador do equipo.


A situación máis tensa comezou xusto antes de Nadal, cando Orellana nin sequera asistiu á bancada no partido de Copa contra o UCAM Murcia en Balaídos, xusto un día antes de que os xogadores empezasen unhas vacacións que o chileno considerou demasiado curtas -do 23 ao 30 de decembro-. Tras o parón do Nadal, o xogador volveu poñer a proba os nervios do técnico alongando a alta médica por non verse preparado psicoloxicamente co equipo vivo nas tres competicións. Cando a semana pasada recibiu a alta, Berizzo quixo falar con el e chamouno ao despacho, tal e como conta Faro de Vigo.


O axudante do adestrador foino chamar, pero recibiu unha resposta cortante: "Que vaia cagar. Non vou". Foi a frase que precipitou a súa saída.


ORELLANA RESPONDE A BERIZZO


Orellana non quixo explicar o incidente que provocou a súa saída do equipo pero considerou que o adestrador actuou con deslealdade. "Xa recoñecín que cometín un erro, pero de algo moi pequeno xerouse algo moi grande (...) Di que lle faltei o respecto a el e ao equipo, e non é algo colectivo. Foi algo persoal entre el e eu e que el traspasou á beira profesional", sinalou o xogador en declaracións ao diario dixital chileno Emol.


"Teño que dicir que Berizzo foi unha persoa moi desleal comigo, non merecía saír así", insistiu Orellana. "Cando tentei pedirlle desculpas, persoalmente e diante de todo o grupo, e tamén aos meus compañeiros, non me deixou falar", lamentou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE