Galicia estará presente nos Xogos Mundiais de Persoas Trasplantadas

|

Juegosolimpicospersonastransplantadas


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) acolleu este venres a presentación dos deportistas galegos que participarán na próxima edición dos Xogos Deportivos Mundiais de Persoas Trasplantadas, que acollerá Málaga entre o 25 de xuño e o 2 de xullo.


A directora de Ados, Marisa López García, destacou a importancia de iniciativas destinadas a promover a doazón en todos os ámbitos da sociedade, especialmente no ámbito deportivo.


Así, destacou a participación de galegos como Vicente Selectos Cabezas, coordinador do Comité Local Organizador deste evento, e de Carlos Sánchez Montes e Javier González Enríquez.


Esta será a 21 edición dos Xogos Mundiais de Deportistas Trasplantados, un evento deportivo que se celebra cada dous anos e que promove a World Trasplant Games Federation.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress