Leiceaga reprocha á Marea Atlántica que estea "excesivamente centrada en vetar"

Non lle parece "razoable" que unha cuestión de nomes remate cunha "oportunidade perdida" e apoia a actuación do grupo municipal socialista.


|

Leiceagamicro


O portavoz do PSdeG no Parlamento galego, Xoaquín Fernández Leiceaga, cualificou como unha "oportunidade perdida" a ruptura das negociacións entre a Marea Atlántica e o grupo municipal socialista sobre os orzamentos deste ano.


A preguntas dos xornalistas, coincidindo cunha rolda de prensa na Coruña sobre a situación dos terreos da Solana e o hotel Finisterre, manifestou que, nestas reunións -que romperon este xoves tras achegar posturas ambas as partes na xornada do mércores-, o grupo municipal socialista "fixo os deberes".


Tamén defendeu que negociou "en función dos intereses dos cidadáns". Por iso, lamentou a decisión da Marea Atlántica, que anunciou que se romperon as negociacións por entender que se crebou "o clima de confianza" despois dun comunicado feito público polo PSOE con acordos que desde o executivo negaron.


POSIBLE VETO A MAR BARCÓN


Do partido instrumental, dixo tamén que está "excesivamente centrado en vetar", incluíndo nesta afirmación o posicionamento de Marea Atlántica sobre o papel do portavoz de En Marea no Parlamento galego, Luís Villares, no Consello das Mareas.


Con todo, non quixo dar a súa visión ao ser preguntado se entendía que o veto ás negociacións na Coruña era pola presenza de Mar Barcón na coxestión dun dos proxectos, o Clúster da Saúde.


"Non me atrevo a ir máis aló", sinalou Leiceaga. Con todo, indicou que non lle parece "razoable" que unha cuestión deste tipo "impida un pacto".


Na mesma liña, dixo que lle chama a atención "que os novos actores -da política- "sexan os que teñen máis dificultades para entender as regras". Mentres, instou a "un esforzo de todos" para chegar a un acordo.

relacionada Ferreiro someterase a unha cuestión de confianza tras romper co PSOE
relacionada Ferreiro di que non é "persoal" a súa oposición a que Villares sexa protagonista
relacionada O PSOE da Coruña volverase recompoñer esta semana

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE