Todas as vivendas que se aluguen a turistas deberán estar rexistradas

|

Turismoboiro


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Fejióo, anunciou este xoves a aprobación, por parte do Consello, do decreto polo que se establece a ordenación dos apartamentos turísticos, vivendas turísticas e de uso turístico en Galicia.


Segundo explicou na rolda de prensa posterior á reunión do seu Executivo, esta nova regulación é necesaria debido á proliferación da tendencia a alugar por días ou semanas a vivenda habitual para fins turísticos.


Ante iso, o obxectivo da norma, por tanto, é erradicar as problemáticas máis relevantes vinculadas a esta actividade, como o impacto económico-social, fiscalidade e tributación, seguridade e satisfacción dos usuarios, calidade da oferta ou a competencia desleal, entre outras.


Esta normativa, segundo destacou a Xunta, responde a unha demanda do sector turístico que manifestou en numerosas ocasións a necesidade de regular este tipo de aloxamentos, debido á competencia desleal que supón respecto do aloxamento turístico regrado.


NOVIDADES


A principal novidade deste decreto é a introdución da regulación das vivendas de uso turístico, na que se conteñen os requisitos e servizos mínimos dos que deberá dispoñer e o seu réxime de funcionamento e do exercicio da actividade.


Así, o novo decreto define as vivendas de uso turístico como aquelas cedidas a terceiras persoas de forma reiterada --dúas ou máis veces ao ano-- e a cambio de contraprestación económica, para unha estancia de curta duración.


A cesión deste novo tipo de aloxamento turístico será da totalidade da vivenda, de forma que non se permite a cesión por estancias.


Para o inicio da actividade, o decreto establece simplemente a obrigatoriedade de presentar unha declaración responsable ante Turismo de Galicia. Tras iso, procederase á súa inscrición no Rexistro de Empresas de Actividades Turísticas de Galicia (REAT).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress