O Celta frea ao Madrid e métese de novo nas semifinais da Copa

(2-2). Os celestes fixeron valer a vantaxe traída do Bernabéu e cederon só un empate a un Madrid que veu a por todas.


|

CeltacelebracionvestuarioOs xogadores celebran a clasificación. //Foto: @gomez_sergi twitter


Primeiro obxectivo da tempada cumprido para o Celta, igualar polo menos a traxectoria da tempada pasada en Copa do Rei. Os celestes fixeron valer en Balaídos a vantaxe conseguida no Bernabéu e cederon só un empate (2-2) a un Real Madrid que saíu a pola eliminatoria.


O equipo adestrado por Zidane foi un vendaval desde o asubío inicial ante un Celta atenazado que non conseguía o balón. A seriedade do equipo en defensa e un formidable Sergio na portería celeste evitaron que os de Madrid se puxesen por diante no marcador na primeira parte. A mellor ocasión dos visitantes tívoa Ronaldo nun cabezazo que o gardameta de Catoira despexou ao traveseiro. No rexeite rematou de novo Ronaldo e o balón golpeou contra o poste.


O Celta liberouse da presión e nos últimos dez minutos do primeiro tempo soltouse en ataque, deixando un puñado de boas ocasións. Aspas e Guidetti tiveron as máis claras. O gol naceu das botas do sueco ao fío do descanso. O dianteiro nórdico rematou só na área e Casilla despexou, pero a fortuna quixo que o balón topase con Danilo e acabou entrando en propia porta.


Na continuación o Celta repregouse mentres o Real Madrid tentaba exceder a fortaleza galega. Moi sólido en defensa, o cadro celeste foi anulando as arremetidas rivais. Finalmente chegou o gol madrileño, a balón parado, nunha falta directa executada por Ronaldo.


Balaídos veuse abaixo co gol de Wass no minuto 84, co que parecía que o Celta sentenciaba a eliminatoria, pero Lucas Vázquez marcou pouco despois e puxo os nervios do celtismo a flor de pel. Os de Berizzo resistiron e ata puideron marcar unha última vez á contra.


Este venres coñeceremos os cruces de semifinais.


2 (4)-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Marcelo Díaz, Radoja, Wass (Sergi Gómez, min.87), Iago Aspas (Fontàs, min.93), Bongonda, Guidetti (Jozabed, min.83).


2 (3)-R.MADRID: Casilla, Danilo, Casemiro (Mariano, min.88), Ramos, Nacho, Isco (Morata, min.79), Kroos, Kovacic, Asensio (Lucas Vázquez, min.75), Cristiano e Benzema.


Goles: Danilo en propia porta, min.43, 1-0; Ronaldo, min.62, 1-1; Wass, min. 84; Lucas Vázquez, min.89.

relacionada Berizzo: "Gañamos o dereito a soñar"
relacionada O Celta supera o Madrid e defenderá a súa vantaxe en Balaídos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE