Medio cento de traballadores denuncia un "ERE encuberto" en Política Social
Concentráronse esta mañá para protestar contra a funcionarización obrigatoria do persoal laboral temporal, unha medida que "non foi negociada".
Traballadores de centros dependentes da Consellería de Política Social concentráronse este martes ante o Parlamento de Galicia para denunciar a existencia dun "ERE encuberto" neste departamento e pedir a retirada do artigo 12 da Lei de medidas fiscais e administrativas.
Segundo explicou en declaracións a Europa Press unha das traballadoras, Marta Arias, este artigo prevé a funcionarización obrigatoria do persoal laboral temporal, unha medida que "non foi negociada" e que "levaría a unha gravísima perda de dereitos laborais e retributivos".
Neste sentido, sinalou que, só da Consellería de Política Social están afectados "uns 3.000 traballadores" dos distintos centros que dela dependen, como os de maiores, polo que a posta en marcha desta lei "poñería en risco miles de postos de traballo".
"Queren funcionarizar os traballadores temporais e o que vai pasar, na realidade, supoñerá un ERE encuberto, xa que van destruír vacantes para facelos interinos, coa consecuente perda da antigüidade polas fraudes de lei e as indemnizacións que teñen que dar trala sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea", denunciou.
Escribe o teu comentario