C&A anuncia un ERE para 300 empregados e o peche de 23 tendas
O proceso de reestruturación afectará a 23 tendas en España, un número aínda por determinar en Galicia.
C&A vén de anunciar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) para uns 300 traballadores, o 16% do persoal, e o peche de 23 tendas en España por causas económicas e outras cinco en Portugal.
En concreto, o proceso de reestruturación afectará a tendas situadas na Comunidad de Madrid, Galicia, Cataluña, Andalucía, Biscaia, Castela e León, Navarra, A Rioxa, Estremadura, Asturias e Canarias.
O ERE afectará a aquelas tendas nas que vence o contrato de arrendamento do local ou que ven afectadas pola situación económica que atravesan, segundo informaron a Europa Press en fontes sindicais.
Unha vez iniciado o legalmente o procedemento, Fetico asegurou que o seu obxectivo é minimizar o impacto do mesmo e establecer unha negociaciación de boa fe que conduza á menor cantidade de persoal afectado e ás mellores condicións de saída da compañía para os empregados que se vexan afectados.
Segundo o sindicato, o peche de tendas provocará un reaxuste en oficinas e en almacen.
"Iniciamos a negociación para lograr as mellores cantidades indemnizatorias; polo menos a empresa non abriu este proceso cos mínimos legais, senón coa man tendida a unha negociación que non quixésemos afrontar pero que debemos facer", indicou o sindicato.
Segundo informa este xoves 'El País', a compañía, que conta con 106 tendas en España, xustifica o peche de establecementos en que o consumo non mellora debido á aparición de novos competidores e en o crecemento do comercio electrónico.
Escribe o teu comentario