Aínda hai bancos que continúan aplicando as cláusulas chan nas hipotecas
A asociación de consumidores Adicae afirma que algunha entidade continúa aplicando estas práctivas abusivas.
A Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros de España (Adicae) afirmou que esixirá a todas as entidades que continúan aplicando as cláusulas chan nas hipotecas que cesen esta actividade de forma inmediata.
Nun comunicado, a asociación apuntou que creará un Observatorio de Control do sistema de reclamación que aprobou o Goberno en Consello de Ministros este venres e que "fará presión" fronte aos bancos que sigan defendendo a "legalidade do seu abuso".
Adicae tamén sinalou que instrumentará garantías para os consumidores e que explotará as posibilidades para os afectados do Real Decreto aprobado onte e que coordinará a nivel nacional accións de difusión do mecanismo extraxudicial para que "todos os hipotecados poidan comprobar se están afectados e coñezan a existencia do sistema de reclamación".
Escribe o teu comentario