O Supremo abre unha investigación para indagar as causas do aumento do prezo da luz

Esta mesma semana Álvaro Nadal anunciou que o recibo da luz encarecerase de media uns 100 euros este ano se se manteñen as condicións actuais do mercado, o que supón un novo máximo desde decembro de 2013.


|

Luz


A Fiscalía do Civil do Tribunal Supremo vén de abrir hoxe unhas dilixencias de investigación co fin de pescudar as razóns que están a orixinar os sucesivos aumentos de prezo que experimentaron os recibos da luz.


Estas dilixencias realízanse en defensa da protección dos intereses dos consumidores e usuarios, co fin de determinar a realidade e natureza destes feitos, segundo informa o Ministerio Público nunha nota.


Esta mesma semana o ministro de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, Álvaro Nadal, anunciou que o recibo da luz encarecerase de media uns 100 euros este ano se se manteñen as condicións actuais do mercado, o que supón un novo máximo desde decembro de 2013, en plena onda de frío.

relacionada Nadal di que o recibo da luz vai encarecer 100 euros este ano aos prezos actuais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE