O Goberno de Pedro Sánchez tenta frear a espiral inflaccionista do recibo eliminando un tributo do 7 por cento aprobado na época do PP, segundo acaba de adiantar a Ministra para a Transición Ecolóxica.
Cada familia galega terá que pagar 15,75 euros máis no seu recibo da luz ao ano, unha cantidade que será superior en Galicia que no resto de autonomías. Esta é unha das consecuencias dun borrador de orde do Ministerio de Transición Ecolóxica.
Esta mesma semana Álvaro Nadal anunciou que o recibo da luz encarecerase de media uns 100 euros este ano se se manteñen as condicións actuais do mercado, o que supón un novo máximo desde decembro de 2013.
O prezo almacenista deste venres situarase nunha media de 88 euros por megawatt hora (MWh), e a hora máis cara serán as 20.00, cun prezo de 95,11 euros por MWh.