Aumento do recibo da luz en Galicia debido ao canon eólico

Cada familia galega terá que pagar 15,75 euros máis no seu recibo da luz ao ano, unha cantidade que será superior en Galicia que no resto de autonomías. Esta é unha das consecuencias dun borrador de orde do Ministerio de Transición Ecolóxica.


|

Cada familia galega terá que pagar 15,75 euros máis no seu recibo da luz ao ano, unha cantidade que será superior en Galicia que no resto de autonomías. Esta é unha das consecuencias dun borrador de orde do Ministerio de Transición Ecolóxica.


A medida forma parte do cumprimento de un auto do Tribunal Supremo desta primavera para compensar a algunhas eléctricas, segundo adianta  El Confidencial. Unha subida de prezo que debería estar en vigor desde este mes e que por agora está pendente do ditame do ente regulador, a CNMC.


CANON EÓLICO

A razón de que Galicia pague máis parece ser o canon eólico, imposto pola Xunta para compensar aos municipios polo impacto dos aeroxeradores. Como o país é o que máis recada por este canon, será onde máis se note a compensación a algunhas eléctricas decretada pola Xustiza.


Parque eólico de Malpica

Parque eólico en Malpica


As partes afectadas teñen tempo para dar o seu punto de vista ata mediados de agosto. Por agora, a Xunta non fixo público a súa postura, a pesar de que foi o seu novo imposto ambiental o principal factor que explica a probable subida.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE