Un incendio nun restaurante de Rábade causa danos materiais no seu interior
Ardeu un comedor, un almacén e outros materiais do mesón, situado na Avenida de Vilalba.
Un restaurante situado no municipio lucense de Rábade rexistrou danos materiais no seu interior debido a un incendio rexistrado na madrugada deste mércores.
Segundo informou o 112 Galicia, un particular informou ás 1,15 horas deste mércores do lume debido ao que ardeu un comedor, un almacén e outros materiais.
O alertante relatou que se escoitou unha explosión, motivo polo que, ademais de alertar aos Bombeiros de Vilalba, pasou aviso por precaución a persoal sanitario.
No momento do incendio o mesón, situado na Avenida de Vilalba, atopábase baleiro e a xente xa estaba fóra das vivendas lindeiras.
Tamén a Garda Civil e o Concello foron informados do sucedido polo 112 Galicia. Igualmente, foi alertado o persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía debido aos restos dos danos ocasionados.
Escribe o teu comentario