Buscan a cinco encapuchados que asaltaron un matrimonio octoxenario en Allariz

Os ladróns levaron uns 3.000 euros da casa | A garda civil mantén aberta unha investigación para localizar os asaltantes.


|

Sanmamededeurros


A Garda Civil mantén aberta unha investigación para identificar e localizar os cinco asaltantes dun matrimonio de octoxenarios aos que maniataron e roubaron na súa vivenda no municipio de Allariz (Ourense).


Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, sobre as 19,30 horas do luns os asaltantes entraron co home octoxenario na súa vivenda na parroquia de San Mamede, en Allariz.


As vítimas relataron que foron atados de mans polos asaltantes e ao home, que se dedica a cría e venda de porcos, golpeárono para esixirlle máis diñeiro, segundo indicaron as mesmas fontes. Finalmente, os ladróns levaron uns 3.000 euros da casa.


Os cinco asaltantes ían encapuchados e tiñan acento galego, segundo indicaron as vítimas aos axentes. Por iso, a Garda Civil mantén aberta unha investigación para localizalos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE