Berizzo, sobre Orellana: "Comigo non pertence máis ao equipo"

O Celta busca unha "saída consensuada" co chileno para este mes de xaneiro, apartado por unha "falta de respecto inaceptable".


|

Berizzoorellana


O Celta busca unha saída neste mesmo mercado de inverno para Fabián Orellana, apartado do equipo por Berizzo. O adestrador declarou esta mañá que non conta máis co chileno: "Decidín apartar a Orellana por unha falta de respecto. A miña decisión é firme, por unha falta inaceptable, e comuniqueillo ao club, que está de acordo. Comigo non pertence máis ao equipo".


O técnico celeste foi tallante co xogador: "comuniqueille a miña decisión e acabouse o tema. Non pediu desculpas, nin fai falta". Orellana pode saír do Celta este mesmo mes de xaneiro. Segundo confirmou Felipe Miñambres, o director deportivo do club, "apoiamos a decisión do adestrador. Temos que poñer orde na situación, pero o club está por encima das persoas".


Tamén adiantou que "baseándonos no informe do adestrador o club decidiu buscarlle a Orellana unha saída consensuada en xaneiro. Buscaremos o mellor, que sería unha venda". A intención da entidade celeste é que Orellana sexa "traspasado e buscarase un substituto".

relacionada Rubén Blanco: "O importante é ter a eliminatoria viva para Balaídos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE