Pediatras do CHUS participan nunha investigación sobre infeccións respiratorias graves

Afectan a máis de mil nenos e persoas maiores cada inverno en Galicia. É un estudo internacional que busca elaborar guías de práctica clínica e asesorar sobre vacinación.


|

Pediatra


Pediatras do Hospital Clínico de Santiago de Compostela (CHUS) participan nunha investigación internacional co fin de avaliar o risco de padecer infeccións respiratorias potencialmente mortais.


Segundo informou a Xerencia sanitaria compostelá, deste xeito o Servizo Galego de Saúde (Sergas) participa a través do departamento de Pediatría da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, cuxo responsable é Federico Martinón, neste estudo sobre infeccións respiratorias graves.


Expertos de Europa, entre os que se inclúen investigadores do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), obtiveron unha subvención para a investigación con fondos europeos de 29 millóns de euros co fin de crear un consorcio mundial encargado de investigar infeccións respiratorias graves, causadas polo Virus Respiratorio Sincitial (VRS), que afectan especialmente a lactantes.


Segundo indica a Xerencia sanitaria compostelá, estímase que o abanico de enfermidades causado polo VRS afecta a máis de 30 millóns de nenos menores de cinco anos en todo o mundo.


En España calcúlase que ata 20.000 nenos ao ano visitan urxencias por esta motivo e entre 7.000 e 14.000 acaban ingresados. En Galicia, segundo engaden as mesmas fontes, soamente na área de Santiago detectáronse máis de mil probas positivas de VRS desde outubro do 2015 ata marzo de 2016.


O CHUS lembra que este virus non só afecta a nenos, senón tamén a persoas maiores e aqueles con unha inmunidade débil, incluíndo pacientes con cancro ou enfermidades crónicas de pulmón como enfisema.


A Xerencia sanitaria compostelá incide en que para o desenvolvemento e implantación de terapias é necesario reunir "información e evidencias" co fin de "avaliar a mellor maneira de introducir estas intervencións, non só en España e Europa, senón no resto do mundo", segundo apostila.


GUÍAS DE PRÁCTICA CLÍNICA


Neste contexto nace o Consorcio Europeo para o VRS (Resceu) dirixido desde a Universidade de Edimburgo no que participa o equipo de Pediatría da Xerencia de Santiago. En total son investigadores de 18 universidades, institucións sanitarias públicas e compañías farmacéuticas que recollerán información e datos sobre o número de casos de VRS en Europa cada ano. Tamén se avaliarán os custos e o impacto económico da enfermidade, así como a carga que supón para os sistemas de saúde.


Con esta información pretenden construir guías de práctica clínica para mejorar la forma en la que las enfermedades asociadas a VRS se monitorizan por toda Europa y así poder asesorar en futuros programas de vacunación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE